Volver aos proxectos

FIXA18
Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2018
Data do Proxecto
2017
Data de Construcción
2018
Superficie
202.91 m²
Arquitecto
José Anta Rodríguez
Arquitecto Técnico
Celestino Feijoo Rodríguez
Promotor
Concello de Allariz
Constructor
Concello de Allariz
Dirección
Paseo Portovello, 32660 Allariz [Ourense]
Colaboradores
Nuria Caramelo Novo [arquitecta]
«Todo amor ten un espacio.Todo espacio un baleiro.E nós enchímonos de nós,baleirándonos de nós.» Claudio Rodríguez Fer
O camiño do erotismo busca aquí o seu lugar, un espazo de introspección, suxerinte e sutil.
Trátase dun xardín que invita a gozar da cor, a saborear o doce agarimo das súas texturas. A seda, as flores, os froitos… comparten o vermello intenso, e eríxense como tea de fondo dun lugar onde os instintos tamén atopan o seu espazo, no máis íntimo de nós mesmos.
O erotismo abórdase coma unha viaxe na procura do pracer, no encontro coa contorna, nun forte espertar dos sentidos. A sensibilidade da transparencia, expresada a través dunha suave xeometría de cintas. A sutileza de suxerir o camiño, de intuír a seguinte estancia, fronte á habitual dureza da exposición directa.
Tralo percorrido, entre suxestivas flores e combinacións ornamentais, acádase o final do trazado, un espazo íntimo, afable, cunha palpábel conexión co exterior. A homoxeneidade da vexetación, as paredes de tea, a seguridade de estar lonxe de calquera ollada allea… confírenlle ao lugar unha gran tranquilidade, unha privilexiada posición de descanso agochada tras dun cerco vexetal e vermello.
A intensidade dos cheos, o sosego dos baleiros.